Juan Ares presenta o proxecto “Antucas” nos TEDx Galicia 2016, acompañado pola artesá contemporánea Idoia Cuesta.
Antucas” é unha colección de tapices sombreadores que máis aló dun produto elaborado final preséntase como unha contribución á recuperación paisaxística dos litorais mariños así como unha aposta polo mantemento de certas profesións artesás ligadas aos pobos de mar.