Ultramar
Ultramar
Detalles do proxecto
Descripción
Aparador Ultramar
Aparador que rende tributo á construcción naval nos séculos XVI e XVII. Realízase unha conceptualización das antigas "navis" materializándose iso na forma volumétrica do moble.
Para mostra a execución das portas do aparador, realizadas a través do sistema de "tingladillo", no cal lamas de madeira se solapan lonxitudinalmente nos seus bordos, buscando a semellanza na forma construtiva naval aplicada para a realización do casco das antigas embarcacións.
Estes acenos á estética mariña da época, reflíctense en multitude de detalles que compoñen unha peza única. Véxase o apoio único do aparador, onde todo o seu peso é soportado na quilla. Os interiores están conformados estruturalmente a través de cadernas que nos rememoran novamente á carpintaría naval de entón.
O simbolismo dos talles de madeira con formas mitolóxicas que se fixaban na proa e popa das antigas naves tamén fai a súa aparición de xeito estelar cunha peza tallada artesanalmente e fixada sobre a terminación superior final da quilla.
Laca de alto brillo e carballo afumado definen unha peza que incorpora tapizados de época no interior da vitrina e aparador, con incrustacións en fío negro brillo de encaixe tradicional de Camariñas.
Licoreira Ultramar
Corpo exterior en rechapado de madeira natural de carballo tintado, combinado con laca alto brillo. Aplicación do encaixe tradicional de Camariñas en fío metalizado negro sobre solapa aveluda.
Interior de moble en laca brillo e tapizado capitoné.