Ultramar
27/04/2022 2022-04-27 14:09Ultramar
Detalles do proxecto
Descripción
Aparador Ultramar
Aparador que rende tributo á construcción naval nos séculos XVI e XVII. Realízase unha conceptualización das antigas "navis" materializándose iso na forma volumétrica do moble.
Para mostra a execución das portas do aparador, realizadas a través do sistema de "tingladillo", no cal lamas de madeira se solapan lonxitudinalmente nos seus bordos, buscando a semellanza na forma construtiva naval aplicada para a realización do casco das antigas embarcacións.
Estes acenos á estética mariña da época, reflíctense en multitude de detalles que compoñen unha peza única. Véxase o apoio único do aparador, onde todo o seu peso é soportado na quilla. Os interiores están conformados estruturalmente a través de cadernas que nos rememoran novamente á carpintaría naval de entón.
O simbolismo dos talles de madeira con formas mitolóxicas que se fixaban na proa e popa das antigas naves tamén fai a súa aparición de xeito estelar cunha peza tallada artesanalmente e fixada sobre a terminación superior final da quilla.
Laca de alto brillo e carballo afumado definen unha peza que incorpora tapizados de época no interior da vitrina e aparador, con incrustacións en fío negro brillo de encaixe tradicional de Camariñas.
Licoreira Ultramar
Corpo exterior en rechapado de madeira natural de carballo tintado, combinado con laca alto brillo. Aplicación do encaixe tradicional de Camariñas en fío metalizado negro sobre solapa aveluda.
Interior de moble en laca brillo e tapizado capitoné.












QUEIMACASAS
22/03/2022 2022-03-22 14:10QUEIMACASAS
Detalles do proxecto
Mesa
Variante de mesa nécora con unha liña mais sofisticada. O remate superficial en negro brillo achega elegancia, sobriedade e presenza.
O importante está no interior...





Facho
18/03/2022 2022-04-27 12:28Facho
Detalles do proxecto
Luminaria Facho
Luminaria homenaxe a técnica de pesca con lámpara de carburo utilizada polos mariñeiros para iluminar o mar na escuridade da noite



Amity Island
02/09/2021 2021-09-02 12:20Amity Island
Detalles do proxecto
espello amity island
Tibuto á homónima novela de Peter Benchley e á súa adaptación cinematográfica a mediados dos 70 en "Tiburón"
Espello conformado por un marqueado de carácter livián en rematado branco mate. Incorpora dous colgadoiros de estética "escuala" realizados en metal de fundición. Na parte inferior do espello, este mimetízase nun efecto de sangrado esvaído.




Brigantium
15/02/2021 2021-02-15 11:40Brigantium
Detalles do proxecto
Descripción
Luminaria auxiliar de sobremesa.
Dúas independentes volumetrías xeométricas conforman unha lámpada auxiliar que basea a súa estética no sistema orixinal do funcionamento dos antigos faros romanos.






Dique
15/02/2021 2021-02-15 11:34Dique
Detalles do proxecto
Descripción
Producto pertencente á serie REDuse.
Asento auxiliar de xeometría cadrada. Materializado íntegramente con rede de pesca reutilizada. Edición 100% artesanal.





Cíes
15/02/2021 2021-02-15 11:10Cíes
Detalles do proxecto
Descripción
Producto pertencente á serie REDuse.
Puff - tumbona auxiliar, con utilidade de descanso e relax.
Materializado íntegramente con rede de pesca reutilizada. Edición 100% artesanal.







Nécora
15/02/2021 2021-02-18 17:27Nécora
Detalles do proxecto
Descripción
Producto pertencente á serie “Rías Baixas_Protoypes”.
Mesiña auxiliar, caracterizada polas 8 patas de apoio, referenciales á morfoloxía do crustáceo.



Coralina
15/02/2021 2021-02-15 11:35Coralina
Detalles do proxecto
Descripción
Producto pertencente á serie REDuse.
Tapiz sombreador, realizado íntegramente de maneira artesá por redeiras locais.
O seu tecido conforma unhas formas orgánicas inspiradas no medio mariño.
Produto que cumpre a función de tapiz sombreador tanto de espazos públicos como de áreas privativas: terrazas de hoteis, vivendas, etc.



9 Ondas
20/01/2021 2021-07-20 13:389 Ondas
Detalles do proxecto
Descripción
Espello con incrustación de Encaixe de Camariñas realizado con fío metalizado en cor prata.
Rinde unha homenaxe ó ritual das 9 Ondas da Lanzada.





Noray
15/01/2021 2021-07-20 13:20Noray
Detalles do proxecto
Descripción
Produto pertencente á serie REDuse.
Asento auxiliar inspirado nos amarres das embarcacións nos peiraos. Materializado íntegramente con rede de pesca reutilizada. Edición 100% artesanal.




Peixe
08/10/2019 2021-02-25 9:46Peixe
Detalles do proxecto
Descripción
Producto pertencente á serie REDuse.
Tapiz sombreador, realizado íntegramente de maneira artesá por redeiras locais.
Volumétricamente con forma de cola de peixe, as súas escamas cosidas superficialmente na capa principal do tapiz, provocan un sombreado evocativo.
Produto que cumpre a función de tapiz sombreador tanto de espazos públicos como de áreas privativas: terrazas de hoteis, vivendas, etc.



