Perfil

PERFIL

Presentación

Actividade profesional e desenvolvemento de proxectos de deseño

Exerzo no día a día a miña actividade profesional no eido da arquitectura interior, dirixindo o estudo Espacio Invisible.
Paralelamente, desenvolvo proxectos de deseño de produto de iniciativa máis experimental e propositiva, todos eles cun acento sólido e intencionado baseado na cultura, tradición e idiosincrasia da miña contorna máis próxima.
Juan Ares

biografía

Bio profesional

Juan Ares (1978) Escarabote, Boiro. A Coruña.

Diplomado pola Universidade de Santiago de Compostela. (1996 – 1999)

Gradudado Superior na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela (2003 – 2005).

No ano 2006 crea Espacio Invisible, estudo de deseño e interiorismo especializado en espazos comerciáis, contract e retail.

Conferenciante na escolaa superior de deseño EASD Pablo Picasso ( A Coruña). “Mais alá do romanticismo académico” (2011)

No ano 2012, é seleccionado e invitado a participar no I Encuentro Internacional de Economía y Cultura, celebrado en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura de Galicia). Presentación da colección de mobiliario “Rías Baixas Prototypes”.

Seleccionado para participar no SALON NUDE 2012, (Feria Internacional del Mueble de Valencia) imprescindible cita anual entre destacados deseñadores noveis de ámbito estatal e internacional. Presenta a colección “Rías Baixas Prototypes”.

Convidado a participar como conferenciante no “I FORO ISAAC DÍAZ PARDO EMPRESA Y CULTURA, celebrado en Santiago de Compostela, onde se presentaron experiencias empresariais, nacionais e internacionais, que basean o desenrolo do seus produtos en elementos da tradición e a cultura.

No ano 2013, participa e expón a colección de mobiliario Rías Baixas Prototypes na galería de arte contemporáneo Compostelá, Bus Station Space.

O ICEX incorpora a Juan Ares dentro do seu directorio de deseñadores emerxentes e destacados dentro do panorama do deseño nacional.

No ano 2014 participa na VII edición do “Mercado Central del Diseño” (Madrid) recibindo o premio ó mellor stand de produto.

No ano 2015 Juan Ares volve ser seleccionado para o SALÓN NUDE 2015. Presenta a colección “REDE_USE”, pezas caracterizadas pola reutilización de rede mariña de pesca con aplicación a un novo produto.

A colección REDE-USE é referenciada e seleccionada ese mesmo ano no encontro Europeo ” Sailing Towards 2020”. Devandito evento enmarcouse dentro das accións organizadas pola Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca ( DG MARE) da Comisión Europea en colaboración coa Rede Europea de Zonas de Pesca ( FARNET).

No ano 2016 é seleccionado polo IGAPE para participar no encontro “ Contract Galicia” celebrado en Barcelona, como exemplo de deseño galego con potencialidade de exportación (Colección RED_USE).

É convidado a participar como docente no Programa ENREDADAS, promovido pola Consellería do Mar e a Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración con Artesanía de Galicia. (2016)

Conferenciante “CICLO A CONTRACORRIENTE “. Fundación Luís Seoane . A Coruña. Proxecto “ Antucas”. (2016)

Seleccionado como conferenciante nos “TED Talk – TEDxGalicia 2016 “, que tivo lugar na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela. Presentación da serie “ Antucas”. (2016)

Seleccionado para participar nos “ BigFood Design Awards Madrid”. Un certame organizado por DIMAD (Asociación de Deseñadores de Madrid) en colaboración con Mercamadrid que pretende fomentar e dar a coñecer o Food Design. (2016)

Convidado conferenciante no centro formativo superior de deseño Aula_D (Vigo). Ano 2018. (Conferencia Juan Ares. Produto da Ría)

No ano 2019, o GAIN ( Axencia Galega de Innovación), selecciona o proxeto do “Mercado Gastronómico A Galiciana” para integralo na súa publicación “O deseño como motor. Casos de éxito en Galicia”.

referencias

Publicacións

Referencias en
publicacións impresas

El País. Edición Galicia. “ A cultura bótase a explorar”. Sección Luces. (2012)

Revista Diseñor Interior. Nº 243. Selección Nude 2012.

Revista Nuevo Estilo. Sección Decomagníficos. ( 2012 )

La Voz de Galicia. “Cosas de la vida”. ( 2012)

Revista Casalux. Nº 8. Colección Rias Baixas Protoypes. (2013)

Magazine MÁS GALICIA. Sección Arts. “Diseño gallego: lo más”. (2014)

La Voz de Galicia. Sección “Personajes”.(2018)

O Deseño como motor da Innovación. Casos de éxito en Galicia. GAIN. Xunta de Galicia. (2019)

Referencias en
publicacións dixitáis

AD Architectural Digest

Proyecto Contract

Diario Design

Galicia Cool Magazine
M \A\ S\ G\ A\ L\ I\ C\ I\ A Galicia + New Spanish Culture

Talleres
Conferencias

PechaKucha. ABE. Boiro. (2011)

Conferenciante EASD Pablo Picasso (Coruña). “Mais alá do romanticismo académico” (2011)

Conferenciante I FORO ISAAC DÍAZ PARDO, EMPRESA E CULTURA. Museo do Pobo Galego. (2013)

Dirección Obradoiro ENREDADAS, promovido por la Consellería do Mar y la Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración con Artesanía de Galicia. (2016)

Conferenciante TEDX GALICIA . Cidade da Cultura. Santiago de Compostela. (Proxecto “Antucas”. Colección RED_USE. Coa colaboración de Idoia Cuesta)

Conferenciante no ciclo A CONTRACORRIENTE. Fundación Luis Seoane . A Coruña. Proxecto “Antucas”. En colaboración con Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía.

Conferenciante Escola de Deseño AULA_D (Vigo). (2019) “PRODUTO DA RÍA”

Invitado para conferenciar na XORNADA INFORMATIVA “OPORTUNIDADES E VANTAXES NA NOVA CONXUNTURA ECONÓMICA” (2020)