Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar

PRODUTO

Satisfaction

« ver todos

O aparador Satisfaction pertence á serie "Ultramar", pezas de mobiliario que beben da estética naval dos séculos XVI e XVII.
O conxunto aparador/ vitrina "Satisfaction" é un tributo á construccion naval da época. Realízase unha conceptualización das antigas "navis" materializándose iso na forma construtiva do moble. Para mostra a execución das portas do aparador, realizadas a través do sistema de "tingladillo", no cal lamas de madeira se solopan lonxitudinalmente nos seus bordos, buscando a semellanza na forma construtiva naval aplicada para a realización do casco das antigas embarcacións.
Estes acenos á estética mariña da época, reflíctense en multitude de detalles que compoñen unha peza única. Véxase o apoio único do aparador, onde todo o seu peso é soportado na quilla. Os interiores están conformados estruturalmente a través de cadernas que nos rememoran novamente á carpintaría naval de entón. O simbolismo dos talles de madeira con formas mitolóxicas que se fixaban na proa e popa das antigas naves tamén fai a súa aparición de xeito estelar cunha peza tallada artesanalmente e fixada sobre a terminación superior final da quilla.

Laca de alto brillo e carballo afumado definen unha peza que incorpora tapizados de época no interior da vitrina e aparador, con incrustacións en fío negro brillo de encaixe tradicional de Camariñas.

Solicitar información de compra »

An Ocean of Projects