Utilizamos cookies para analizar a súa forma de navegar o noso sitio web, se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. Para máis información consulte o nosa política de cookies.

aceptar

PRODUTO

PRODUTO

A edición prodúcese baixo parámetros esencialmente cualitativos e de produción contida, alternando isto coa elaboración de pezas únicas e de serie limitada. As creacións canalízanse baixo os parámetros do slow design, e a inserción de artesanía en certas pezas levará consigo a achega e transmisión do valor cultural.

Priorízase a nobreza na materia prima, sen deixar de apostar pola incorporación de novos materiais que sexan respectuosos co medio. Da madeira do bosque, á nácara irisada do fondo mariño. Da licuación dun metal á obtención de cor con pigmentos de cefalópodo. Así de extenso concibimos o espectro de elementos a fusionar. Todo iso reverterá na consecución de novas tramas, texturas e composicións cromáticas que compoñerán pezas singulares e únicas. Enseres de ultramar.